Organizaciones integradas

Colaboraciones

Prevención de Riscos Laborais

Identificarse

Cofinanciación
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Fondo Social Europeo
Inicio Documentación Estudios FEGA Axenda Social en Comunicación das Mulleres Empresa
Axenda Social en Comunicación das Mulleres Empresa

FEGA é a maior entidade asociativa de presentación das empresarias e directivas de Galicia, e ten entre os seus obxectivos o de promover un tratamento igualitario da muller en todos os ámbitos da vida empresarial, no que representa unha especial incidencia o da comunicación social.

Así mesmo, a Secretaría Xeral da Comunicación ten entre os seus obxectivos que todos os sectores da poboación galega teñan a mesma capacidade de acceso e tratamento polos medios de comunicación galegos, o cal leva a desenvolver, en colaboración coas Consellerías de Economía e Facenda e de Traballo distintas actuacións e o tratamento que dan os medios de comunicación ás iniciativas lideradas polo colectivo da muller.

Neste marco, foi iniciativa da FEGA promover a articulación do proxecto que permitise traballar cara a obxectivos referidos.Esta iniciativa desembocou na firma dun Convenio de Colaboración co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre o tratamento que os medios de comunicación dan ás empresarias en Galicia, caracterizando os aspectos máis salientables no eido económico e profesional, para sentar as bases da posta en marcha de novos enfoques na sensibilización social, e co fin de avanzar cara a un novo escenario socioeconómico máis igualitario.

No marco da referida colaboración, articulouse o presente proxecto "Axenda Social en Comunicación das Mulleres Empresarias".

Descargar documentos:

Presentación - Metodoloxía
Primeiro Avance Tendencias
Segundo Avance Tendencias
Informe Final Tendencias
Anexos - Reunións, Foros e Enquisas
Presenza - Visibilidade
Conclusións - Recomendacions - Cifras

W3C W3C