| Procedimientos abiertos |
| Procedimientos cerrados |
| Empresarias en los medios |
| Artículos |
| Estudios FEGA |
| Proyectos realizados |
| Legislación y ayudas |
| Carta aberta da Federación de Empresarias de Galicia aos candidatos á presidencia da Xunta |
Queremos aproveitar estes días de achegamento e comunicación coa cidadanía, de avaliación de proxectos pasados e presentación dos novos, para contribuír, coas nosas propostas, á construción do futuro que nos agarda. Como persoas acostumadas á enfrontar situacións difíciles, ao reto constante de asumir o benestar propio e o das persoas que traballan nos nosos proxectos, as empresarias queremos, ante todo, manifestar a noso respecto ante a valentía que supón a vontade dos que, nesta complexa etapa de desaprendizaxe e recolocación de décadas de conservadora comodidade, se atreven a asumir o difícil reto de dirixir os nosos destinos cara a tempos mellores. As empresarias galegas temos un importante respaldo histórico de mulleres fortes e emprendedoras, con historias de superación e dificultades, que se alzaron contra unha realidade de ausencias de emigración e mar. Sabemos que son tempos de aportar, que o noso inconformismo é a mellor ferramenta contra este cerco de pesimismo que nos ameaza cada mañá con titulares e tertulias de escuros presaxios que, por sorte, non temos demasiado tempo para escoitar. Un recente informe das Cámaras de Comercio, esas entidades de filiación obrigatoria e fondos públicos nas que tan pouca presencia temos, analiza a contribución das empresarias á economía española. O datos din que Galicia supera ao resto das comunidades na proporción de empresarias, se ben a causa está mais ben na precariedade laboral que aboca a moitas mulleres ao autoemprego, que nun auténtico espírito empresarial. Sen embargo, a pesares deses inicios tan pouco favorables, as empresarias asumimos a responsabilidade da nosa independencia económica, competimos, creamos novos postos de traballo. Camiños iniciados con certa inseguridade pero, en moitos casos, cun éxito rotundo que nos permite asumir con orgullo un papel activo na construcción da sociedade. Así, as empresarias valoramos o esforzo institucional que tenta rescatar do letargo social o espírito emprendedor, e comprendemos a dificultade do reto. Por eso queremos contribuír a que a grandeza dos obxectivos non se perda en mensaxes confusas e intentos temerosos, reforzando este discurso coa necesaria aspiración ao éxito. Queremos animar aos nosos equipos de goberno a apostar por escenarios de triunfo no que o talento das nosas emprendedoras non se enterre en micro iniciativas condenadas ao fracaso pola falta de confianza, pola infracapitalización e pola falta de visión e apoio. Xa aprendemos a asumir riscos, a iniciar novos camiños, a convivir coa posibilidade do fracaso. Xa non queremos esa imaxe de eternas principiantes. Estamos preparadas para o éxito. Temos aprendidas algunhas leccións importantes e hai tempo que estamos listas para xogar en primeira liña. As "mulleres empresarias" estamos dispostas para asumir, xunto cos "homes empresarios", a difícil tarefa de responsabilizarnos na toma de decisións nos difíciles retos desta dura etapa. Desde a Federación de Empresarias de Galicia, esperamos acadar importantes avances nesta nova etapa e nos gustaría, dentro de outros catro anos, dirixir novos retos a os/as candidatos/as que se atrevan a presentarnos as súas propostas de futuro. En Santiago de Compostela, a 18 de febreiro de 2009 Isabel Iglesias |