O Día do Emprendedor reúne a recoñecidos expertos e empresarios que darán as claves para emprender con éxito
Os emprendedores galegos teñen una cita na próxima edición do Dia do Emprendedor Galicia 2011 que, por primeira vez, celebrarase este ano en tres cidades: Lugo (18 de outubro), Ourense (20 de outubro), e Santiago (25 de outubro), co obxectivo de achegar aos empresarios de toda Galicia esta plataforma de referencia.
A iniciativa está organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape e Bic Galica en colaboración coa iniciativa “Emprendemos Juntos” do Mityc e outras entidades que, como esta casa, traballan para impulsar e facilitar a creación de novos negocios, fundamental nun contexto de crisis.
O programa deste ano inclúe itinerarios con relatorios e mesas redondas nas que se abordarán todos os chanzos do emprendemento, desde que unha persoa percibe que pode ter talento para emprender ata o desenvolvemento e consolidación da súa idea, pasando pola elaboración titorizada dun plan de empresa; desde o momento de dar os primeiros pasos ata chegar á internacionalización.
Ademais contarase con actividades de dinamización, onde os novos emprendedores terán a oportunidade de entrevistarse con empresarios ou directivos de prestixio, e actividades lúdicas.
Canales online do Día Emprendedor Galicia 2011
Web: www.diaemprendedor.com
Facebook: http://www.facebook.com/pages/D%C3%ADa-do-Emprendedor-Galicia/114269515272446
Twitter: http://twitter.com/#!/emprendedor_gal
Linkedin: http://es.linkedin.com/pub/d%C3%ADa-do-emprendedor-galicia/21/8a/881